Tanaia reforzará o lateral esquerdo do Vilalonga

tinaia250_090709.jpgSALNÉS> O caboverdiano convértese no quinto xogador que deixa Portonovo para enrolarse co Vilalonga. Dende San Pedro tamén confirmaron a contratación de Gerardo, chegado dende o Pontevedra B. Ademais, foi unha xornada con moitos movementos no mercado da Preferente.

Na Terceira houbo movementos de última hora no Vilalonga con dúas novas incorporacións: chega outro máis dende Portonovo a San Pedro, o quinto, o caboverdiano Tinaia, que reforzará o lateral esquerdo do conxunto de Gabi Leis. Tamén ficharon Gerardo, dende o Pontevedra B, lateral que pode xogar por ambas bandas, de 21 anos.

Na Preferente continúa o cambio de cromos, desta volta un xogador que deixa o Unión do Grove para recalar nas filas do Arousa. Trátase de Óscar García, un lateral dereito que militou no conxunto meco a temporada pasada e que foi formado como futbolista na canteira da Lomba.

Ademais, no Cambados confirmáronse outras dúas fichaxes: Unai, mediocentro de 31 anos, de sobra coñecido no Salnés polo seu pasado no Céltiga e no Arousa, entre outros, e un interior esquerdo de futuro, Mon, formado na canteira do Unión do Grove.

Dúas incorporacións no Ribadumia: Joao Rocha, un centrocampista defensivo, que tamén pode xogar de central, que a pasada temporada militou no Sanxenxo. A outra incorporación do equipo é Iván Rande, defensa central que procede do Catoira.

No Sanxenxo confirmouse a fichaxe de Aarón Collazo, procedente do Poio.

Redacción Salnés