Diego Gondar releva a Martiñán na presidencia do Céltiga

ILLA>  Despois de meses de búsqueda apareceu por fin o presidente que o Céltiga precisaba. Diego Gondar deu un paso ó frente na asemblea de onte á noite e relevará a Manuel Martiñán.

Por fin rematou máis dun mes de sufrimento para moitos afeccionados, non só do Céltiga, senón de todo o futbol. A última hora, cando as chaves do club semellaba que podían quedarse no propio salón de plenos do concello, onde se celebrou a asemblea, entón apareceu o relevo para Manuel Martiñán. Trátase de Diego Gondar que durante as vindeiras temporadas será o presidente do Céltiga.

Un relevo que dará continuidade ó traballo feito ata o de agora por Martiñán, de feito 10 dos 21 directivos actuais, continuarán e outras nove persoas sumaranse ó proxecto se ben a idea é que a directiva estea formada por 24 persoas.

Gondar leva anos vencellado ó Céltiga e ó seu grupo directivo, aínda que nas últimas temporadas exerceu de delegado do primeiro equipo. Esta circunstancia fai que a renovación de Manuel Núñez non sexa unha idea descabelada. A estreita relación que manteñen ambos podería devolver ó banquiño do Salvador Otero a un técnico que este ano volveu demostrar que o tándem que forma co Céltiga funciona á perfección.

Na asemblea de onte, Gondar contou co respaldo do presidente saínte, Manuel Martiñán, que desexou sorte ó seu sucesor no cargo e manifestou a súa ledicia por ter atopado substituto.

Redacción Salnés