Vilagarcía anima a practicar o VAIBIKE

    prestamo_bicis100.jpgVILAGARCÍA> A Concellería de Promoción Económica pon en marcha VAIBIKE un servizo gratuíto de préstamo de bicicletas.

    {flowplayer}images/salnes/PRESTAMO_BICIS.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> Logo de dous anos de traballo e xestións por parte da concellería de Promoción Económica e Turismo de Vilagarcía de Arousa, xa está en marcha VAIBIKE, un servizo gratuíto de préstamo de bicicletas que nace ca idea de mellorar o medio ambiente, sendo unha alternativa de transporte limpo.

    Dende unha campaña atractiva e innovadora, cun nome que xoga cos vocábulos galego e inglés, preténdese incentivar aos socios, con agasallos para os 250 primeiros. O servizo está centralizado nunha oficina no parque de Cavadelo. Entregando a instancia normalizada, unha fotocopia do DNI e autorización dos titores, no caso de menores, obtense a tarxeta de préstamo. Con ela, a adquisición e entrega das bicis é sinxela.

    Cóntase con cento dez bicicletas, repartidas en catro puntos da vila. A concesionaria do servizo é a empresa Tuimil Electricidad, con experiencia en cidades como Ferrol, Santiago, A Coruña e Lugo, obtendo mellores resultados que a competencia,que por exemplo, encárgase do servizo en Pontevedra. Ata o dezasete, día da inauguración do servizo, o concello repartirá dous mil folletos informativos. As bicis a disposición dos usuarios son de alto nivel, de fabricación europea, en aluminio, robustas e lixeiras. Ánimo e todos a practicar o vaibike!

    Redacción Salnés