{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/16/ampliacionpoligonoindustrialtomada160114.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/16/ampliacionpoligonoindustrialtomada160114.mp4{/flowplayer} POBRA> Así o confirmou o alcalde despois dunha reunión mantida recentemente con técnicos da Sociedade do Solo Empresarial do Atlántico, entidade que xestiona este parque empresarial. A boa marcha dos traballos de ampliación no polígono industrial da Tomada fan pensar ó executivo local que poidan estar rematados no prazo dun mes, aproximadamente. As obras permitirán a construción de máis de cen mil metros cadrados de chan industrial atendendo así ás demandas do empresariado local, faltos de terreos para desenvolver os seus proxectos industriais. A actuación, cun investimento próximo ós catro millóns de euros, permitirá a construción de dezaseis novas parcelas das que seis xa están vendidas. Todas elas disporán de tódolos servizos. O alcalde quixo agradecer tamén ó Ministerio de Fomento, a traves da Sociedade do Solo Empresarial do Atlántico, o investimento realizado nesta actuación.
Inicio crb