LOUSAME> A cita, presentada no Concello, terá lugar o domingo 29 de decembro. Ofertaranse un total de 450 prazas. As inscricións na proba xa están abertas a través da web de emesports.
O Club Lousame Deporte en colaboración co Concello, organizan por terceiro ano consecutivo o ‘Trail San Silvestre Minas de San Finx’. A cita terá lugar o domingo 29 de decembro. Nela incluiranse dúas modalidades un trail longo de 25 km e outro curto de 15 e cuxos percorridos se verán modificados con respecto a edicións anteriores.
Ademais a proba tamén incluirá unha Andaina Solidaria en beneficio da Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva.
Ademais do cambio no percorrido, outra das novidades será a organización do primeiro Pequetrail, que terá lugar na xornada previa do sábado.
Dende o Concello destacaron a gran traballo que realiza a organización, facendo unha chamada a participar en calquera das probas.
Para o Trail ofértanse un máximo de 450 prazas, mentres que para a andaina non ten límite de participación. En ambos casos, as inscricións deben formalizarse a través da web www.emesports.es.










