Augas de Galicia completará a mellora da rúa Fraga Iribarne

    obrasfragairibarne_100_130709.jpgPOBRA> A Xunta de Galicia financiará a segunda fase das obras de mellora na urbanización Fraga Iribarne para a dotación das canalizacións.

    {flowplayer}barbanza/obrasfragairibarne.flv{/flowplayer}

    Na actualidade xa se está a acometer a mellora nesta céntrica urbanización con cargo ó Fondo Estatal de Investimento Local habilitado polo goberno central. Tras esta primeira fase, procederase a unha segunda actuación, financiada pola Xunta de Galicia, consistente na substitución das canalizacións e asfaltado en quente da rúa.

    Segundo informou a presidente de Augas de Galicia, Ethel Vázquez, a tramitación da obra está moi avanzada polo que só está pendente de aduxicación.

    Contedores soterrados

    Ademais da mellora das redes está prevista a instalación de contedores soterrados. Para elo, técnicos da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental desprazaranse ata a zona para elaborar o proxecto.

    Todas estas actuacións no entorno da urbanización Fraga Iribarne supoñen uns investimentos próximos ós 450 mil euros. O alcalde quixo agradecer a colaboración das distintas administracións que fan posible a mellora de infraestruturas para o desfrute de tódolos veciños.

    Redacción Barbanza