RIBEIRA> O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e a xerente da área sanitaria de Santiago-Barbanza, Eloína Núñez, visitaron esta mañá na compaña do alcalde, Manuel Ruíz, o centro de saúde da localidade.
O motivo da visita non era outra que comprobar o resultado das obras levadas a cabo nos últimos meses no dispensario e que supuxeron un investimento por parte da Xunta de preto dos 16 mil euros. Gonzalo Trenor destacou a importancia das obras que permitiron a reforma da sala de docencia e a habilitación dunha consulta polivalente.
O alcalde agradeceu o investimento realizado pola Xunta no centro de saúde, que vai a permitir mellorar as condicións dos traballadores que desempeñan o seu labor nel. O rexedor referiuse tamén á futura ampliación do dispensario, despois de coñecer que esta actuación está dentro das prioridades 1 por parte da Administración Autonómica.
O Concello traballa agora na busca dunha alternativa idónea para poder acoller o novo edificio. E unha delas poderían ser o o espazo que ocupa o actual auditorio.