BOIRO> As imaxes que ven correspóndense cun dos últimos enfrontamentos entre furtivos e vixilantes na confraría de Cabo de Cruz. Os gardas que vixilan as concesións do pósito deben enfrontarse día si e día tamén cos mariscadores ilegais, cada vez máis agresivos. Nesta ocasión sorprendérano con vinte quilos de ameixa xapónica que lle foron retirados. Como tamén o foi unha botella de mergullo, que presuntamente empregaba tamén na actividade ilícita. Trátase dun vello coñecido dos vixilantes, especialmente perigoso, ó que xa lle teñen requisado en máis ocasións marisco e outros enseres que emprega para furtivar. No último mes no pósito crucense lévanse incautados uns 500 quilos de marisco recollido de xeito ilegal. Lonxe de solucionar algo, a entrada en vigor da reforma do código penal que tipifica o furtivismo reincidente como delito, semella non ser suficiente para disuadir ós mariscadores ilegais, xa que como ven a súa presenza segue a ser constante nos areais do Barbanza.
Inicio BARBANZA