RIBEIRA> Un incendio nun chalé situado a carón da praia da Ladeira en Corrubedo mobilizou este mediodía, ó redor das dúas, ós bombeiros de Ribeira. Ó parecer a orixe do lume foi o tiro da saída de fumes da cheminea. Os propietarios da vivenda xa tiñan controlado e sufocado as lapas cando chegaron os equipos de emerxencias. Nos labores de extinción, ademais dos bombeiros do parque ribeirense, participaron membros do Grupo de Emerxencias Municipal, así como unha patrulla da Policía Local, que tamén se desprazou ata o lugar do suceso.
Inicio Barbanza - Muros - Noia