RIBADUMIA> Sanidade cubrirá as vacantes pos vacacións ou baixas médicas dos facultativos do centro de saúde de Ribadumia.
{flowplayer}images/salnes/SALOME_POR_SANIDADE.flv{/flowplayer}
RIBADUMIA> Sanidade cubrirá as vacantes pos vacacións ou baixas médicas dos facultativos do centro de saúde de Ribadumia, tanto dos dous médicos de familia como do pediatra.
Así llo confirmou a propia conselleira Pilar Farjas á alcaldesa Salomé Peña nun encontro que mantiveron en Santiago. Dáse resposta así ás continuas protestas que espertou nos últimos anos o servizo médico, principalmente pediátrico. A conselleira comprometeuse a facer un seguimento para prever as ausencias e cubrir as prazas vacantes con médicos substitutos, e de informar destes cambios ós usuarios.
A alcaldesa tamén aproveitou para reclamarlle o restablecemento do PAC de Pediatría en Cambados, servizo de urxencias ó que percorrían moitas nais e pais de Ribadumia en lugar de desprazarse ata o Hospital do Salnés. Neste punto, a conselleira explicou que están estudando reorganizar os Centros de Saúde para que atendan en horario de tarde e así evitar os desprazamentos ata o Hospital do Salnés.
A rexedora transmitiulle á conselleira varios dos equipos que necesitan os facultativos para mellorar a atención médica no centro de Ribadumia. En resposta, unha unidade técnica de Sanidade visitará o centro para estudar as necesidades e poder suplilas en base ao orzamento do próximo ano. Ademais, Sanidade comprobará cal é o estado no que se atopa para intentar que o Sergas se faga cargo de todos os gastos de mantemento.
Redacción Salnés