Vilanova recupera o Momo desmentindo que se vaia parodiar a guerra de Ucraína

VILANOVA> O Entroido trae unha boa noticia a Vilanova: o regreso do Momo por todo o alto. Vaise celebrar este domingo e, en principio, o tempo vai acompañar. Como manda a tradición o motivo da figura é todo un segredo na localidade. O único confirmado é que o humorista Isi animará a festa acompañado de Xacobe que, un ano máis, actuará de mestre de cerimonias.

Este ano si, o Momo volve saír ás rúas de Vilanova. Despois de que ano pasado a festa fose virtual, desta volta regresa en carne e óso e con moita forza. Como manda a tradición, o motivo da figura é todo un segredo na localidade, aínda que o alcalde xa descartaba hoxe algunha das opcións das que se estaba a falar.

O alcalde fai un chamamento a veciños e visitantes a participar de xeito activo no Momo. Unha volta á normalidade, di, coa que dar carpetazo aos duros tempos da pandemia.

Na edición deste ano o popular Humorista Isi será o encargado de anima-la troula. Actuado, un ano máis, como mestre de cerimonias, Xacobe.

Antes do momo, a localidade tamén vai acoller este venres un baile de entroido para a rapazada.

Iso si, dende o Concello fan un chamamento á responsabilidade de todos fronte o virus, mantendo a máscara posta nos interiores e a distancia interpersoal naqueles momentos que sexa preciso.