RIBADUMIA> Paso adiante na legalización do Tinto de Barrantes. A Xunta completou o trámite de solucitude formal para a incrición da folla redonda como variedade comercial. A Consellería do Medio Rural entregou xa o material vexetal requirido para que desde o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación se inicien os ensaios oficiais concluíntes para o seu correspondente rexistro. O proceso podería rematar no 2027.
A legalización do viño tinto de Barrantes está hoxe un chisco máis preto. A Consellería do Medio Rural completou o trámite da solicitude formal da inscrición da folla redonda como varieadade vitivinícola comercial.
Ese recoñecemento podería chegar como mínimo en 2027, segundo indicaron hoxe. A Xunta xa entregou o material vexetal requirido para que desde o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación se inicien os ensaios oficiais concluíntes para o seu correspondente rexistro.
Aquí, na Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia completouse a avaliación sanitaria do material vexetal desta caste, o que permitiu completar o procedemento de solicitude formal. Pasos fundamentais, lembraba hoxe o alcalde, que agarda sirvan para acadar a ansiada legalización desta variedade híbrida.
Unha variedade, apuntou ademais o alcalde, que vén arroupada tamén pola súa fonda pegada no territorio e na veciñanza, avalada tamén por unha festa de exaltación con máis de medio século de historia.