CAMBADOS > Veciños de Castrelo en Cambados amósanse insatisfeitos co programa de expropiación que contempla a Consellería de Política …
…Territorial para a execución da obra de mellora vial na estrada comarcal 549; o seu paso polas localidades de Bouza e Xesteira, ata Dena, en Meaño. Estas son as súas protestas. Segundo estes veciños, que están a constituírse en asociación de afectados, ó longo destes pouco máis de tres kilómetros da estrada C 549, o departamento da Xunta pretende crear unha estrada polo que se poida circular a 80 kilómetros por hora, e que conte con varios carrís de aceleración e desaceleración a poucos metros das vivendas.Para isto é mester acometer unha expropiación que os veciños entenden como desproporcionada.
Os afectados aclaran que eles non se opoñen a este proxecto, malia que pensan que debe ser menos agresivo co entorno e que debe ter máis en conta á seguridade dos peóns. Estas expropiacións van a facer, segundo os veciños, que as casas, accesos a garaxes e fincas queden a escasa distancia do vial, e que mesmo en moitos dos casos se queden sen entrada.
Os veciños aseguran que o 90 % dos afectados están en desacordo con esta actuación e ca ocultación ca que se tramitou o proxecto.Ante esta situación, piden que se converta a estrada en urbana, sen carrís de aceleración e con dispositivos específicos para os peóns. Ademais reclaman que, unha vez rematadas as obras que se repoñan tal e como están agora os peches derrubados, sen custe algún para os veciños.
Estes afectados expuxéronlle estas preocupacións á delegada provincial da CPTOPT, Isabel Domínguez, no transcurso dunha xuntanza mantida onte. A delegada en Pontevedra comprometeuse a estudiar ditas propostas e daralles unha resposta antes de que remate esta semana.
Redacción Salnés