Mar solta na ría de Arousa 4.000 exemplares xuvenís de rodaballo

    soltarodaballos100_240709.jpgSALNES> A consellería do Mar, a través do IGAFA, soltou entre onte e hoxe catro mil exemplares xuvenís de rodaballos na Ría de Arousa.

    {flowplayer}images/salnes/rodaballos.flv{/flowplayer}

    SALNES> A consellería do Mar, a través do IGAFA, soltou entre onte e hoxe catro mil exemplares xuvenís de rodaballos na Ría de Arousa, dentro do Plan de Repoboación de Especies Mariñas de Galicia.

    A liberación fíxose en augas das praias das Pipas, Mexiloeira, Area Grande e O Carreiro, no Concello do Grove. Os exemplares son de 30 e 60 gramos, como xa se fixo na solta realizada en inverno. Os técnicos tratan de avaliar así a talla ideal de solta para reprodución desta especie no mar.

    A Xunta, a través do Igafa, leva xa 3 anos realizando soltas de exemplares xuvenís na ría. Da realizada no verán pasado, os técnicos conseguiron recuperar un dous por cento, grazas á colaboración do sector pesqueiro da zona. En novembro farase unha nova solta, e para entón xa disporán de exemplares de produción propia, e descendentes de rodaballos salvaxes, que se engordan nos laboratorios do IGAFA, na Illa de Arousa. Ata agora estábanse a comprar as crías en piscifactorías.

    A solta de hoxe tamén lle serve ós técnicos para experimentar cunha nova forma de marcaxe. Os exemplares levan unha tatuaxe no ventre amais do habitual tubiño de plástico coa referencia do peixe e o número de teléfono do IGAFA. Amais de rodaballo, o plan de repoboación de especies mariñas tamén está a experimentar co lumbrigante.

    Redacción Salnés