O bipartito manifesta o seu apoio claro ó tren de cercanías

    tren100_240709.jpgVILAGARCÍA> BNG e PSdeG presentaron esta mañá unha moción sobre a comunicación férrea de Vilagarcía. Os principais acordos…

    {flowplayer}images/salnes/tren_cercanias.flv{/flowplayer} 

    …ós que pretenden chegar son a ampliación da actual estación de ferrocarril, a implantación da intermodalidade e a ratificación do acordo plenario de abril de 2006 sobre os usos da actual vía férrea.

    A alcaldesa de Vilagarcía, Dolores García, xunto co concelleiro de Xestión do Territorio, Marcelino Abuín e o tenente de alcalde, Xosé Castro Ratón, presentaron esta mañá a moción que o goberno municipal elevará ó pleno da Corporación sobre a comunicación férrea de Vilagarcía.

    Coa presentación desta moción, o que se pretende é ratificar o acordo plenario desa Corporación do 2006 sobre os usos da actual vía férrea; reclaman ó Ministerio de Fomento, que por este novo trazado tamén circulen trens de mercadoría; outros dos puntos é a remodelación da estación de Vilagarcía a través de ADIF, así como a ampliación do aparcadoiro. Un dos acordos que se plantexan é a combinación do uso do transporte interurbano de bus e ferrocarril. Xa por último, declaran a súa conformidade con calquera mellora nas comunicacións sempre que sexan compatibles co dito anteriormente.

    O seu apoio ó tren de cercanías é claro segundo Castro Ratón, a moción resúmese en tres palabras: solidariedade, racionalidade e futuro de intermodalidade. Céntrase en satisfacer as necesidade de todos os veciños, así como proporse a non redundancia nas infraestruturas e a compatibilidade entre ferrocarril, trasporte por estrada e mar.

    As obras de renovación da vía férrea encóntranse no tramo que une a Vilagarcía co norte, posto que a parte sur xa está totalmente rematada. Unha das melloras máis significativas será o tempo da viaxe onde, unha vez rematadas, o traxecto Pontevedra-Santiago farase en 15 minutos.

    A desaparición do actual trazado do ferrocarril, así como a Senda Verde, van a facilitar a comunicación dos veciños de Bamio, Trabanca Sardiñeira e Carril con Vilagarcía, así como a creación dun carril-bus para mellorar este transporte.

    O goberno municipal aclarou que non se pechan a ningún proxecto externo en canto ó trazado de vía que se vai abandonar, só reclaman unha maior información sobre o mesmo.

    O día 30 os integrantes da comisión de defensa do tren de cercanías Vilagarcía-Santiago, reuniranse na rúa do Hórreo, en Santiago, cos tres grupo parlamentarios da Cámara Galega, para entregarlles o manifesto de defensa deste traxecto ferroviario.

    Redacción Salnés