Unha muller en estado grave tras ser atropelada por un turismo

    AVENIDA_XOAN_XXIIIcopy.jpgGROVE> Esta veciña, de trinta e cinco anos, dispóñase a cruzar por un treito da avenida Xoán XXIII no que non hai paso de peóns.

    {flowplayer}images/salnes/ATROPELO_GROVE_.flv{/flowplayer}

    Segundo testemuñas do sinistro que se produciu onte, a muller estacionara o seu turismo no lateral dereito da calzada e cruzou sen mirar a súa esquerda polo que non se deu conta da proximidade do vehículo que circulaba en dirección a Lanzada.

    Desde o concello apuntan que se puido producir por un exceso de confianza.

    Ata o lugar desprazáronse de seguido Policía Local, Protección Civil e o 061. Coma consecuencia do impacto, que tivo lugar pouco antes das oito da tarde, a vítima de trinta e cinco anos quedou inconsciente. Foi trasladada ó Hospital Domínguez pero debido á gravidade do seu estado, esta mañá foi ingresada a Povisa.

    Con todo, o presidente da Comunidade de veciños confesou que non é a primeira vez que se produce un sinistro coma este. Por iso, van solicitar á Xunta a construción de resaltes ó longo da estrada.

    Fontes policiais sinalaron que o vehículo implicado circulaba a pouca velocidade e que deu negativo na proba de alcoholemia.

    Redacción Salnés