![]()
RIBEIRA> A XIII Festa do Percebe de Aguiño sáldase cunha eleveda asistencia de comensais que deron boa conta do crustáceo
Miles de persoas déronse cita onte en Aguiño para asistir á decimoterceira edición da exaltación do percebe. A carpa habilitada ó carón da lonxa e as preto de dúas toneladas de marisco servidas quedáronse pequenas para a gran afluencia de persoas que se desprazou ata a parroquia ribeirense.
O bo tempo acompañou nesta xornada na que miles de persoas achegáronse ata Aguiño atraídos pola gran calidade do seu percebe que puideron degustar a prezos populares. A ración, a doce euros, incluía ademais do marisco, cachelos, empanada e, como non, viño para acompañar. O patrón maior de Aguiño destacou a gran calidade do marisco servido nesta edición na que, coma sempre, esgotáronse as racións.
{flowplayer}barbanza/festapercebeaguino.flv{/flowplayer}
Dende ben cedo, ó redor das sete da mañá, os cociñeiros traballaron a reo para que todo estivese a punto unha vez comezasen a chegar os primeiros comensais. E así foi. Os miles de asistentes, ademais da boa gastronomía, desfrutaron dunha xornada festiva amenizada por grupos de gaitas na que non faltou a representación instucional.
A máxima representante foi a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, quen non quixo perder a ocasión de apoiar coa súa presenza este tipo de exaltacións que, segundo dixo, sempre favorecen ó sector. Tamén estiveron presentes os patróns maiores doutras confrarías como Ribeira ou Rianxo, e o alcalde de Ribeira, Xosé Luís Torres Colomer.
Redacción Barbanza








