Convocada para o venres a mobilización cidadá a prol do Hospital do Salnés

    hospital_100.jpgVILAGARCÍA> A primeira dunha serie de mobilizacións cidadá en defensa da execución das obras e ampliación do servizos do Hospital do Salnés xa ten…

    {flowplayer}images/salnes/270709_manifa_hospital_salnes.flv{/flowplayer}

    … data; será o vindeiro venres 31 de xullo na Alameda da Vilagarcía; e a ela están chamados tódolos colectivos sociais e veciñais da comarca así como calquera outra persoa a título individual que queira asegurar a calidade asistencial nesta área sanitaria do Salnés.

    As últimas declaracións sobre esta área sanitaria do Salnés do goberno galego en mans do Partido Popular deron en acelerar estas medidas de presión. Colectivos como os sindicatos CIG-CCOO-UXT e os grupos políticos PSdeG-PSOE, BNG e Esquerda Unida e a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública denuncian que o Partido Popular está a ocultar datos para fomentar a sanidade privada en detrimento da asistencia sanitaria pública nesta comarca.

    Estes colectivos aseguran que van a prolongar estes actos reivindicativos no tempo non só ata que se consolide o crecemento físico e a carta de servicios do Hospital do Salnés, senón ata que se comprometa a creación dun novo ambulatorio en Vilagarcía e que se mellore e amplíe o servicio de transporte público ata este centro hospitalario e a súa área de aparcadoiro.

    Máis aló destas propostas, estenden as súa esixencias á dignificación da atención á terceira idade e o servicio de atención a domicilio, así como ó funcionamento de organismos como a casa do mar e as residencias de anciáns.

    Redacción Salnés