CAMBADOS> O paseo da Calzada de Cambados acollerá outro ano máis a feira de oportunidades. O recinto volverá estar pechado adaptado para cumprir con todas as normativas sanitarias. Para os comerciantes é unha gran oportunidade de vender os stocks despois dun ano complicado.
Unha das feiras de oportunidades máis demandadas da contorna regresa outro ano máis a Cambados. A vindeira fin de semana, no Paseo da Calzada, un total de 21 establecementos ofertarán os seus produtos a uns prezos moi reducidos.
A feira é un gran oportunidade para os comercios para vender os seus stocks, especialmente nun ano tan complicado.
Pero sobre todo é unha oportunidade para os clientes. Que poden mercar todo tipo de produtos de gran calidade a uns prezos moi económicos.
Para cumprir coas normas sanitarias, o concello e a Asociación de Comerciantes Zona Centro repetirán as medidas de seguridade da pasada edición.
Tanto para a asociación como para o concello as expectativas son moi altas. Agardan, como mínimo, repetir o número de visitas que o ano pasado. Para incentivar que máis persoas queira achegarse, o concello organizará diferentes eventos como actividades para nenos, ou os concerto da Oca Band e Cantigas e Agarimos. Unha serie de posibilidades lúdicas para gozar da fin de semana en Cambados.