Fexdega e Caixanova asinan un novo convenio anual

    hospital_100.jpgVILAGARCIA> O director xerente da Fundación Fexdega, Juan Luis Callón, e o subdirector de Caixanova, Antonio Gómez, xunto co director da oficina central…

    {flowplayer}images/salnes/fexdega_caixanova.flv{/flowplayer}

    … de Caixanova en Vilagarcía, José Gago, reuníronse esta mañá no recinto feiral de Fexdega, en Vilagarcía, para renovar o convenio existente entre as dúas entidades. Con el, voltarán traballar conxuntamente un ano máis, para potenciar os sectores económicos clave da zona, facendo fincapé nos agropecuarios e agroindustriais.

    Callón fixo referencia á importancia deste convenio nestes momentos de crise, e quixo agradecer á entidade financeira a colaboración prestada. A través deste acordo, traballarán para potenciar o desenvolvemento de programas de formación, difusión e investigación.

    Así, a Escola de Negocios de Caixanova, dotará á institución ferial de todo o necesario para axuda ós sectores produtivos da zona. José Gago, tamén falou de crise, e destacou a labor realizada pola entidade financeira con proxectos que superan o 8% de inversión, destinados á pequena e mediana empresa. Resaltou, por outra banda, o valor deste convenio de colaboración, debido á importante traballo que desempeña a fundación Fexdega no lugar Dende Caixanova prestaráselle asesoramento a Fexdega en todos os proxectos que a empresa vaia a realizar.

    Redacción Salnés