![]()
VILAGARCÍA > Máis de milleiro e medio de persoas saíron á rúa este sábado en Vilagarcía para amosar a súa preocupación pola vaga de atropelos…
… que se está dando este ano neste Concello e para reivindicar medidas que eviten que se volvan a repetir.
Esta manifestación foi convocada por familiares e amigos de Manuel Abalo, o mozo atropelado o pasado 11 de maio na Avenida da Mariña por un conductor que posteriormente se deu a fuga. A ela acudiron, entre outros, centos de cidadáns de a pé, a alcaldesa e o tenente alcalde local, e a presidenta da Asociación Stop Accidentes Jeanne Picard. A comitiva partiu a media mañá da praza de Galicia, desde onde se trasladou polas vías principais da cidade portando consignas como non máis atropelos, maior seguridade viaria nas nosas estradas; xustiza, xa e Todos Con Manuel Abalo.
Ó seu termo, a irmá de Manuel Abalo, Natividad, foi a encargada de ler un manifesto no que se reclamaba ós conductores maior sensibilización, conciencia e responsabilidade ó volante; á clase política maior vontade para lexislar con máis severidade; e ó goberno local máis celeridade nas súas actuacións.
O éxito de convocatoria desta manifestación é unha boa mostra da preocupación existente na cidadanía. En virtude da mesma, o Concello xa adiantou que ía a emprender medidas inmediatas para mellorar a seguridade viaria en Vilagarcía.
Redacción Salnés








