VILAGARCÍA> Vilagarcía converteuse hoxe na cidade do voluntariado, que tivo o seu epicentro na praza de Galicia.
{flowplayer}images/salnes/festa_voluntariado.flv{/flowplayer}
VILAGARCÍA> Vilagarcía converteuse hoxe na cidade do voluntariado, que tivo o seu epicentro na praza de Galicia.
Este ano celebrouse como novidade unha ruta solidaria. Varios persoeiros coñecidos da política e do deporte, e tamén voluntarios, subíronse a unha bici estática para sumar quilómetros que logo se traduciron en euros a repartir entre as entidades colaboradoras.
Un total de 23 entidades amosaron nos seus stands o traballo que desenvolven de xeito desinteresado durante todo o ano. Ademais de vídeos e conferencias, a Festa do Voluntariado tivo tamén contacontos e actuacións musicais.
Redacción Salnés