![]()
VILAGARCÍA > A agrupación ecoloxista Adega destacou a importancia do voluntariado tralos incendios forestais …
… E como mostra están os traballos de restauración que se están a realizar no monte Xiabre.
O Monte Xiabre foi dos primeiros en padecer os efectos do lume este pasado verán deixando este aspecto desolador. Sen embargo, tralos incendios achegouse ata a zona un grupo de voluntarios para limpar e plantar novas árbores para restaurar este monte. E os froitos comezan a verse. Así se constatou nunha visita organizada este sábado polo colectivo ecoloxista Adega e pola concellería de Xuventude de Vilagarcía.
Previamente celebrouse unha charla baixo o título Voluntariado, a outra cara do lume. A presidenta de Adega destacou a labor destas persoas que sempre xorden despois dunha traxedia e, sobre todo, na necesidade de incidir nunha educación ambiental na sociedade. Na visita ó monte Xiabre puido comprobarse o traballo realizado para contrarrestar o proceso de erosión, polas chuvias, da zona queimada, a preparación de sementeiros, as experiencias de reforestación e de micorrización, que continúa con outra fase.
Redacción Salnés








