Competencia abre un expediente contra quince productoras de mexillón

    dios_100.jpgVILAGARCÍA> A Comisión Nacional da Competencia, CNC, ven de abrir un expediente sancionador contra quince asociacións ou agrupacións productoras…

    {flowplayer}images/salnes/280709_expediente_mexillon.flv{/flowplayer}

    … de mexillón de Galicia, o chamado sector maioritario polas accións levadas a cabo no 2006 ca creación da Central e nos últimos meses do ano pasado, co intento de creación da Plataforma de Distribución do Mexillón de Galicia, PLADIMEGA. Este expediente xurdiu a raíz dunha denuncia da patronal ANFACO, a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados e Mariscos; na que se lle atribúe a este 90 % do sector galego un intento de controlar a oferta, fixar o prezo de venda, o reparto da producción e o establecemento das condicións comerciais comúns para o molusco; o que vulneraría a lei de libre competencia e de mercado. A instrucción deste expediente contará con algo máis dun ano para recadar información e valorar as alegacións que poidan presentar as anteditas quince entidades. De non ser favorable, a multa podería ascender ata os 10 millóns de euros.

    O Presidente do Consello Regulador do Mexillón de Galicia, Ramón Dios, valorou este expediente como un trámite ordinario ante o que reaccionan con tranquilidade e ca achega de información. Dios pensa que a incoación deste expediente só é un intento máis de ANFACO para prexudicar o sector productor. Este Presidente do Consello Regular contraataca dicindo que o único que ten capacidade para exercer o monopolio, como xa está facendo é a propia patronal, que deberá ser estudiada pola Comisión Nacional da Competencia.

    No outro lado do conflicto estaba a chamada plataforma minoritaria, que tiña en Javier Blanco, o Presidente da Asociación de Bateeiros Virxe do Rosario de Vilaxoán, un dos seus máximos representantes. Hoxe mesmo, en conversa telefónica; Blanco valoraba esta apertura de expediente como unha mala nova para o sector que, con todo, non deixa de ser unha consecuencia agardada. Aínda máis, este bateeiro entende que o tempo ven a darlles a razón porque daquela se fixeron mal as cousas por descoñecemento do bateeiro de base pero non dos seus dirixentes. Blanco sinala á Consellería de Pesca, e a súa titular daquela, Carme Gallego, mediante o acordo de Pontevedra, como unha das máximas culpables desta situación. Desde o Consello Regulador rexeitaron valorar o papel do anterior departamento autonómico.

    Pola súa banda, o Presidente de Virxe do Rosario asegura que a plataforma á que pertence está libre de calquera implicación neste expediente, posto que eles estaban dispostos a producir a prezo non pactado, salvo que llelo impediron os piquetes do ano pasado.

    Redacción Salnés