O PP di ‘tomar nota’ das demandas dos vilagarciáns na conta atrás do 10N

VILAGARCIA> O PP fixo campaña hoxe en Vilagarcía. Os populares instalaron un posto para recolle-las peticións dos veciños da cidade. Entre as necesidades máis urxentes para a zona, segundo o PP, conseguir que o AVE faga parada na estación vilagarciá. Os conservadores fan un chamamento a concentra-lo voto de centro-dereita na papeleta do PP para evitar, din, que Pedro Sánchez volva á Moncloa.

Na conta atrás desta atípica campaña electoral, o PP fixo hoxe parada en Vilagarcía. A número 4 ó Congreso atendeu alí durante esta mañá a veciños e colectivos, que lle achegaron as súas inquedanzas.

A candidata popular di que a cidadanía está preocupada pola economía e o emprego.

Ademais, marca a chegada do AVE a Vilagarcía como a súa principal reivindicación.

Os populares din que nesta campaña queren marca-la diferenza con actos pequenos, a pé de rúa.

A número 4 do PP fai un chamamento a concentra-lo voto de centro-dereita na papeleta do PP para evitar, di, que Pedro Sánchez volva á Moncloa.

A candidata popular comprometeuse a estudar tódalas inquedanzas que os vilagarciáns lle trasladaron hoxe.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí