O Circuito Galego Escolar de xadrez chega a Vilanova

VILANOVA> Dende o Concello de Vilanova confirmouse xa que o vindeiro día 11 de setembro celebrarase a cuarta edición do Torneo de Xadrez Copa Deputación. Unha competición na que o ano pasado participaron 150 xogadores e que este ano pretende superar eses números.

A concellería de Deportes de Vilanova e o Club Xadrez Fontecarmoa están a ultimar os preparativos de cara ó IV Torneo Concello de Vilanova. O campìonato terá lugar no pavillón municipal de Deportes o día 11 de setembro e contará coa colaboración de Deputación de Pontevedra, Asociación Vilanova Centro e Federación Galega de Xadrez.

Como é habitual os xadrecistas dividiranse en cinco categorías por idades: dende os sub-8 ou promesas, ata os cadetes, pasando por benxamíns, alevíns e infantís.

O torneo enmárcase tamén dentro do calendario de competicións do Circuito Escolar Galego. Esta será a undécima proba puntuable. Ata o momento varios xogadores do Fontecarmoa sitúanse na parte alta das diferentes clasificacións: en sub – 10, Jorge Segura é sexto; en sub-12, Julio Suárez está líder, Luis Segura en sub-14 é cuarto, mesmo posto que Adrián Betanzos nos cadetes.

O ano pasado a participación foi de 150 xogadores e este ano buscarase superar esa cifra. A inscripción pode ser formalizada ata o día 8 de setembro a través dos emails juventudydeporte@hotmail.com e cxfontecarmoa@hotmail.com.

Redacción Salnés