Arrinca a 57 edición da Festa do Albariño

    inauguracion_festa_albarino.jpgCAMBADOS> Logo de catro anos, o Capítulo Serenísimo volverá a contar coa presenza do presidente da Xunta.

    {flowplayer}images/salnes/inauguracion.flv{/flowplayer}

    Cambados xa está inmerso na 57 edición da Festa do Albariño de Cambados. Foron moitos os que se achegaron ata o Paseo da Calzada para asistir á inauguración desta cita vinícola, que contou cunha gran afluencia depúblico desde o primeiro momento. Ó acto de apertura asistiron o presidente da Deputación, Rafael Louzán, acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores, e tamén do presidente da D.O. Rías Baixas, José Ramón Meiriño, así como a directora xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais, e do alcalde de Cambados. Posteriormente uniríaselle o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela.

    Nesta edición contarase coa presenza do presidente da Xunta, que asistirá ó Capítulo Serenísimo que terá lugar o próximo domingo. A partir desta mañá, as 43 adegas estarán vendendo os seus viños a todos os que ata alí se acheguen. A crise parece ser un factor que non lles preocupa moito ós adegueiros, teñen máis medo do tempo que poida facer estes días sobre Cambados.

    Tamén Meiriño fixo saber a todos os presentes que xa está aprobado o novo regulamento da Denominación de Orixe Rías Baixas. O presidente da Deputación quixo resaltar a importancia desta festa, converténdose nun dos mellores embaixadores para os viños desta denominación, que cualificou como a mellor de toda Galicia.

    O equipo técnico do Consello Regulador xa está a traballar na recollida de mostras das 63 marcas que participan este ano na cata concurso para sinalar ós tres mellores Rías Baixas do 2008.

    Redacción Salnés