RIBEIRA> O alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, e a edil de Servizos Sociais, Cruz Rivadulla, recibiron este mediodía no salón de plenos do Concello ós tres nenos saharauís que están pasando o verán con varias familias de acollida do municipio dentro do programa ‘Vacacións en Paz’, promovido e xestionado pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí.
No acto o rexedor interesouse pola súa estancia en Ribeira, e aproveitou para eloxiar a xenerosidade das familias de acollida, ademais de destacar a importancia do programa ‘Vacacións en Paz’ á hora de achegarnos á cultura saharauí.
Os tres pequenos recibiron tamén de mans do rexedor diverso material escolar a modo de agasallo.











