Os sectores da lonxa unen forzas contra o emprazamento elixido por Portos

    maioristascontranovalonxa_100_300709.jpgRIBEIRA> A asociación de Compradores de Marisco e Peixe Fresco e Conxelado do Porto tamén se opón ó emprazamento elixido para a nova lonxa.

    {flowplayer}barbanza/maioristascontralonxa.flv{/flowplayer}

    Deste xeito, ACOPERI vén secundar a postura dos minoristas agrupados en Bertorella que xa teñen amosado a súa oposición frontal ó proxecto. Nun comunicado feito público por ambas asociacións, co visto bo dos armadores, expresan o seu descontento polo emprazamento da futura lonxa, que está previsto situar na explanada das redes no porto de Ribeira, a carón do do peirao deportivo.

    Insisten en que o lugar escollido non é operativo ao non atoparse no porto comercial. Ademáis as futuras instalacións carecen da superficie mínima para desenvolver con eficacia o seu traballo.

    ‘Decisión unilateral’

    O presidente de ACOPERI, Manuel Tarrío, considera inadmisible que a lonxa do primeiro porto de baixura a nivel nacional quede obsoleta antes da súa construción. Os integrantes destes colectivos mostraronse moi críticos co goberno autonómico por tomar a decisión de emprazamento unilateralmente. Creen que como principais usuarios das instalacións deberían ter sido consultados para poder establecer criterios técnicos máis operativos.

    Nun intento de amosar a súa postura, xa remitiron o comunicado ao presidente da Xunta e a Portos de Galicia. Teñen a esperanza de que dende o goberno autonómico reconduzan a súa postura e atendan, dunha vez por todas, as necesidades do sector.

    Redacción Barbanza