BOIRO> Boiro acollerá esta fin de semana a primeira xornada da Liga Nacional Indoor 3×3 de Baloncesto na que participará o club local Santa Baia. Converterase na única sede en Galicia que acolla unha proba deste campionato.
Boiro converterase esta fin de semana en sede do baloncesto de primeira. O pavillón da Cachada acollerá a primeira xornada da Liga Nacional Indoor de 3×3 de Baloncesto.
Na competición que dará comezo o sábado a partir das tres da tarde participarán dez equipos femininos e 12 masculinos procedentes de toda España.
Nesta liga, iniciada o pasado ano, participarán equipos de diversas comunidades autónomos. O Santa Baia será a única representación galega.











