BOIRO> Presentada en Boiro a segunda edición da BTT Terras de Barbantia. A proba organizada pola Sociedade Deportiva Barbantia Roda, terá lugar o vindeiro domingo 13 de outubro.
Cun percorrido total de 42 quilómetros, unha lonxitude moi semellante á do ano anterior, o vindeiro domingo dia 13 de outubro disputarase a BTT Terras de Barbantia, organizada pola Sociedade Deportiva Barbantia Roda. a saída será as nove e media da mañá dende a Avenida de Compostela.
Como na edición anterior a proba volverá a contar co patrocinio de Jealsa-Rianxeira.
Dende o Concello destacaron se a importancia da carreira, que agardan supere o número de participantes da primeira edición.
Ademais dos premios para os gañadores de cada categoría, haberá un sorteo de agasallos entre tódolos participantes. As inscricións aínda están abertas, podéndose realizar ata o vindeiro xoves 10 de outubro, a través da web www.emesports.com