O artista Siro López entrega ó museo Valle-Inclán corenta caricaturas do autor de ‘Luces de Bohemia’

    POBRA> O Museo da Pobra do Caramiñal tivo a honra de recibir a doazón do legado artístico de Siro López, artista e comunicador de recoñecido prestixio pola súa mestría na elaboración de caricaturas, retratos e visións plásticas feitas ó redor da figura de Valle Inclán. Unha colección de corenta gravados que dende onte loce no Museo Valle Inclán.

    O alcalde da Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras, o artista Siro López e o director do Museo Valle Inclán, Antonio González, veñen de asinar a cesión que o artista fixo ó museo pobrense. A verdadeira historia de esta colección, remóntase anos atrás cando o director do museo animou a varios artistas a crear algunha obra sobre Valle Inclán. A sorpresa deste foi cando Siro lle comunicou que non tiña una obra, senón unha serie enteira. Trátase dunha colección de corenta gravados valorada en 70.000 euros e formada por obras feitas a partir de diferentes técnicas. Aínda que a colección está integrada por corenta pezas, están expostas no museo pobrense un total de 22 debido ó seu tamaño. Segundo palabras do director do Museo, a exposición quedará na sala de forma permanente e estase negociando a súa itinerancia por diversas salas de España. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/30/exposicioncaricaturasirolopezmuseovalleinclan3010141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/30/exposicioncaricaturasirolopezmuseovalleinclan301014.mp4{/flowplayer}