![]()
POBRA> O coche, cuxa compra foi financiada a través dunha subvención da Consellería de Presidencia, presentouse esta mañá na parte traseira da casa consistorial.
{flowplayer}barbanza/novocochepoliciapobra.flv{/flowplayer}
Dende hai tempo o executivo pobrés viña demandando un novo vehículo para a Policía Local, debido fundamentalmente ás necesidades actuais do corpo policial. A adquisición do coche, un Renault Megane Scenic totalmente equipado coas máis modernas tecnoloxías, foi posible grazas a unha subvención da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Con este novo vehículo o parque móbil da Policía Local da Pobra componse de catro coches e unha moto. Unha cantidade suficiente para afronta-lo traballo diario dos axentes, aínda que de cara ó ano que vén está prevista a solicitude doutra moto máis.
Mellora dependencias
O alcalde, Isaac Maceiras, anunciou a visita para o mes de setembro do Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, durante a que lle trasladará a necesidade de acometer varias melloras nas dependencias da Policía Local.
Novos auxiliares
O executivo pobrés aproveitou este acto de presentación do novo vehículo para informar da contratación de seis novos auxiliares de Policía Local que se sumarán ós dez axentes fixos e que prestarán os seus servizos na localidade durante a tempada de verán. A contratación dos auxiliares foi posible grazas tamén a unha subvención da Consellería de Presidencia.
Redacción Barbanza








