O BNG do Grove oponse radicalmente ó campo de golf na Siradella

    bng_grove_100.jpgO GROVE> O Bloque Nacionalista do Grove ven de elaborar un informe, desde os puntos de vista medioambientais, paisaxísticos e económicos, sobre a…

    {flowplayer}images/salnes/040809_bng_por_campo_golf_siradella.flv{/flowplayer}

    ..idoneidade de ubicar un futuro campo de Golf no Monte Ceáns, no entorno da Siradella; tal e como pretende unha empresa privada. Segundo o estudio dos nacionalistas esta actuación suporía unha grave deterioro deste entorno natural privilexiado no que habitan especies únicas; e que alteraría tamén unha das paisaxes máis fermosas das Rías Baixas que exerce como reclamo dos turistas. Desde o BNG sinalan que esta actuación suporía tamén un perigo para o entorno posto que os productos de mantemento e fitosanitarios da gran superficie de céspede do futuro campo de golf irían a parar a augas de regatos e pozos soterrados, e mesmo poderían influír nas augas do baño. Ademais, esta instalación precisaría unha cantidade inxente de auga, que un concello como o Grove, dado o seu historial de carestía, non se pode permitir.

    A maiores, os nacionalistas grobenses aseguran que os informes presentados pola empresa para solicitar un apoio público a este proxecto por parte do grupo de goberno local, non teñen unha base sólida que leve a xustificar esta actuación, nin sequera desde a perspectiva de creación de postos de emprego.

    Por todo isto, desde o Bloque manifestan de novo a súa postura contraria a esta infraestructura, tal e como veñen mantendo nos últimos anos, pero agora aínda máis rotunda si cabe, baseándose neste estudio que achegarán a cidadanía a partir do mes de setembro.

    Redacción Salnés