RÍAS BAIXAS> A Ruta do Viño Rías Baixas sitúase entre as dez máis visitadas de España. Con máis de 155.000 visitantes o ano pasado, está en sétimo lugar. Unha posición que se traduce nun impacto económico de 2,2 millóns de euros. Son datos que se desprenden dun informe elaborado por elaborado polo Observatorio Turístico das Rutas do Viño de España. Nel tamén se indica que o visitante internacional ten cada vez mais peso, aínda que o nacional segue a ser o maioritario.
A Ruta do Viño Rías Baixas sitúase entre unha das máis visitadas de España. En concreto, está na sétima posición dun ránking de 37. A ruta volve estar entre as 10 máis exitosas, con máis de 155.000 visitantes no 2024. Así se reflicte no último Informe Anual de Visitantes a Adegas e Museos do Viño, elaborado polo Observatorio Turístico dos Roteiros do Viño de España.
A posición da ruta melloraría se atendemos ao número de visitas a adegas, na que baixa ata a sexta posición, mentres que se nos centramos en visitas a museos descenderíamos outro posto, ata o quinto lugar.
Todo isto tradúcese nun impacto económico de 2,2 millóns de euros, que supón un incremento de máis do 15,% con respecto a 2023.
En canto ao perfil do visitante, segue a dominar o nacional, representando o 72%. Con todo, detéctase unha crecente presenza internacional, ata o punto de que Rías Baixas é o oitavo roteiro de España con maior número de visitas internacionais. O mellor mes segue a ser o de agosto, fronte ao de xaneiro, que se mantén como o de menor número de visitas.











