Vilaxoán acollerá o Campionato de España de Traíñas

trainas_250_050809_copia.jpgVILAXOÁN> Esta fin de semana oito embarcacións de Cantabria, Galicia e o País Vasco se medirán en augas da ría de Arousa para facerse co primeiro posto na clasificación.

{flowplayer}images/salnes/050809_trainas.flv{/flowplayer}

Oito das mellores traíñas de España enfrontaranse este sábado e domingo en Vilaxoán por facerse co título de Campións Nacionais. Tres embarcacións chegarán desde Cantabria, dúas do País Vasco e outras tres son galegas, entre elas o equipo grovense Mecos.

A competición arrincará o sábado ás seis da tarde. Antes, ás doce da mañá, terá lugar unha reunión de delegados na que se confeccionarán as tandas. O percorrido total da proba será de 5.556 metros en largos de 1.389 metros. Disporánse catro rúas, haberá catro embarcacións por tanda e dous cabezas de serie.

No domingo a competición retomarase ás doce da mañá. Será este día cando se coñeza á traíña gañadora, que recibirá 15.000 euros como premio. As demais embarcacións tamén percibirán unha contía económica en función do posto acadado na clasificación final. En total concederanse 60.000 euros en premios.

Ademais do evento deportivo, durante a fin de semana levaranse a cabo outras actividades paralelas, como unha ofrenda floral, bailes folclóricos, música de gaitas e unha degustación de produtos do mar.

Redacción Salnés