Veciños da Vichona protestan polo asentamento de feirantes

    100_web.jpgSANXENXO> Veciños do lugar da Vichona en Sanxenxo protestan un ano máis polo asentamento de feirantes neste lugar, agora que chega a tempada…

    {flowplayer}images/salnes/web.flv{/flowplayer}

    … das festas. Segundo denuncian, nesta leira que linda cas súas casas chegan a establecerse ata un cento de feirantes sen permiso para acampar, provocando ruídos e problemas na seguridade viaria e sen as correspondentes condicións hixiénico sanitarias. Desde a Asociación de Veciños de Adina xa reclamaron diante da Policía Local, a Garda Civil, o Concello e o presidente da Comisión de Festas, sen que ata o de agora ninguén lles buscase unha solución; e así desde fai uns catro anos.

    A Asociación veciñal arremete en primeiro termo contra Carlos Conde, o que din que o responsable directo deste asentamento; e quen leva anos dándolles largas sen arranxar a situación e sen proporcionarlles a estes traballadores unhas condicións dignas para establecerse. Estes afectados aseguran que para eles non é unha cuestión de racismo posto que lles da igual que os asentados sexan xitanos ou feirantes ou non.

    Pola súa parte os feirantes que se establecen aquí desmenten que vivan en condicións insalubres; para iso abríronnos as portas das súas caravanas. Estes feirantes defenden que veñen aquí a traballar é que esta foi a finca que lles facilitaron. Ó mesmo tempo, aseguran que están a pagar xustos por pecadores, e o máis importante, que polos altos impostos que pagan por establecerse neste concello nestes días de festa, ben lles poderían ter un recinto en condicións, posto que neste mesmo hai animais perigosos.

    Respecto á actitude dos veciños, os feirantes entenden que algúns deles poidan causar algún prexuízo como é o barullo dos vehículos, pero, ó tempo tamén aseguran que gran parte destas opinións veciñais se deben ó descoñecemento e ó racismo.

    Redacción Salnés