O sábado volta o Trofeo Prínicipe de Asturias de piragüismo

piraguismo250_110809.jpgPONTEVEDRA> A ría de Pontevedra acollerá esta fin de semana unha das probas máis emblemáticas do piragüismo galego e nacional, o XXXII Trofeo Príncipe de Asturias. Será este sábado cando teña lugar a competición que como sempre sairá da praia de Baltar, en Portonovo, para finalizar na ponte do Burgo, en Pontevedra. Hoxe foi presentada no pazo provincial.

{flowplayer}images/salnes/piraguismo_110809.flv{/flowplayer} 

O Trofeo Príncipe de Asturias de piragüismo chega outro verán máis á Ría de Pontevedra. Este ano celebrarase a edición número 32.

Centenares de padexeiros participarán nesta proba, nas categorías senior, junior e cadete en K-4 e C-4, para homes, e K-4 para mulleres. Hoxe foi presentada no Pazo Provincial esta competición que está patrocinada pola Deputación de Pontevedra e que pasa por ser unha das máis importantes do calendario piragüistico nacional.

Ás 11:00 darase á saída ós participantes dende a praia de Baltar, aínda que os cadetes farano dende a de Raxó, en Poio. Tanto os senior como os xuvenís terán que completar un percorrido de 16 quilómetros, entre os cales estarán obrigados a realizar dous porteos nas praias de Silgar e Combarro. Finalizarán o traxecto na Ponte do Burgo en Pontevedra.

Unhas 110 embarcacións daranse cita nesta proba, procedentes de 65 clubes de toda España . Tamén haberá participación esxtranxeira chegada dende Arxentina, Francia ou Inglaterra.

O equipo nacional  estará representado aínda que os mundiais de pista que se van iniciar o venres en Canadá, provocaron ausencias notables.

Con todo, este ano será o primeiro no que haxa premios de caracter económico. Os cinco primeiros K-4 en traspasar a liña de meta repartiranse 3.000 euros.

Redacción Salnés