SANXENXO> Sanxenxo acolleu esta pasada fin de semana o Campionato Galego de Cruceiros. Finalmente o Terras Gauda, o Solventis e o Viajes Atlántico adxudicáronse os títulos nas diferentes categorías. A 670 foi a máis interesante cun final de auténtico infarto.
A falta das dúas probas disputadas na xornada do domingo, moito era necesario para que as clasificacións cambiasen, a excepción da división 670.
Partía como líder o Solventis, de Malalo Bermúdez de Castro, que soubo manter o punto de diferencia que mantiña co Cristina, de Javier De la Gándara, grazas á súa destreza nas maniobras.
A tensión chegou trala primeira proba na que o Cristina remataba primeiro e empataba a puntos na xeral, colocándose provisionalmente en cabeza. A segunda manga foi decisiva, o liderato volveu a cambiar de mans e o Solventis adxudicouse o Campionato Galego na súa división sen que De la Gándara puidera renovar o caixón acadao o ano pasado en Aguete. O Cormorán Cero Cinco , rematou na terceira posición nesta ORC 670. Todos eles fixeron doblete no Campionato Galego de Cruceiros.
En Open 1, Ero Pons sumaba outro título máis, despois de acadar o de Platú 25 este mesmo ano. Desta volta foi a bordo do Terras Gauda, adxudicándose ademais o Trofeo Hotel Carlos I da súa clase. Segundo foi o Alicia e terceiro, o Etea.
En Open 2, o Viajes Atlántico revalidou o título un ano máis como campión autonómico. Con este son xa catro os cetros acadados nos últimos cinco anos. En segunda e terceira posición, o Flor de Lis, de Santiago Batalla e o Somni, de Helmut Bande.
Redacción Salnés