BOIRO> Gran tarde de fútbol a vivida onte en Barraña. A ocasión ben o merecía xa que se enfrontaban segundo contra terceiro ou o que é o mesmo, Pontevedra contra Boiro. Con numerosos espectadores nas gradas do Municipal de Barraña. Pódese dicir que a entrada máis multitudinaria das vividas na historia do club boirense. Onte domingo enfrontábanse Club Deportivo Boiro e Pontevedra. O resultado final do encontro foi de cero a cero. Un empate que non satisfai a ningún dos dous conxuntos. E a tenor do visto no terreo de xogo durante os noventa minutos foi o máis xusto. Os dous equipos dende o asubío de inicio demostraron terse un gran respecto, con apenas ocasións en ambas áreas. A mellor ocasións dos locais na primeira metade unha acción de estratexia que botou Padín e que Cardeñosa non chegou a rematar por moi pouco. No bando visitante a mellor opción neste tempo foi un remate de Tubo por enriba da meta defendida por Roberto Pazos. Á volta do descanso as cousas cambiaron. A entrada de Anxo nas filas locais deulle unha clara melloría no xogo, aínda que a ocasión máis clara teríaa o Pontevedra cun disparo de Carnero que foi ó longueiro. O porteiro visitante tamén tería que apurarse a fondo nun dobre remate, o primeiro de Pedro García e o segundo de Rubén Márquez, que estivo a piques de desfacer a igualada no electrónico. Xa na recta final do encontro o Pontevedra foise arriba, con varias ocasións de mérito que foron desbaratadas polo meta local. Á falta de dúas xornadas todo esta moi igualado na clasificación. Os de Gelucho ocupan agora a cuarta praza empatados co Cerceda con 68 puntos. Por diante deles o Pontevedra que é segundo con 69 e o Somozas, líder da categoría con 72. na próxima xornada os boirenses xogarán co Negreira, un equipo necesitado de puntos, que loita por evitar o descenso de categoría. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/28/futbolboiropontevedra280414.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/28/futbolboiropontevedra280414.mp4{/flowplayer}
Inicio Deportes