Coroso ofrece un servizo para facilitar o baño ás persoas dependentes

    cadeiraanfibiacoroso_100_120809.jpgRIBEIRA> A praia de Coroso conta cunha cadeira anfibia para facilitar o acceso á auga das persoas con mobilidade reducida.

    {flowplayer}barbanza/cadeiraanfibiacoroso.flv{/flowplayer}

    Tras unha primeira experiencia, realizada hai cinco anos, o concello de Ribeira decidiu volver implantar este servizo na praia de Coroso. Trátase dunha cadeira anfibia para o traslado das persoas con mobilidade reducida ata a auga, co obxectivo de que poidan desfrutar do baño ó igual que o resto dos usuarios do areal.

    En principio, o servizo correrá a cargo do persoal de socorrismo aínda que tamén poderá ser asumido por acompañantes ou familiares do usuario se así o desexan.

    Accesibilidade

    A intención do concello é seguir facendo máis accesibles as praias, non só no que se refire ó areal senón tamén á auga. Por iso, unha vez valorado o funcionamento do servizo en Coroso e a demanda existente, estudarase a súa ampliación e mesmo a súa implantación noutras praias.

    Os representantes dos colectivos con diversidade funcional no Barbanza, que asistiron ó acto de presentación do novo servizo, valoraron moi positivamente a súa posta en marcha como un novo paso para conquerir a súa plena integración e tódolos ámbitos. Agardan que se manteña e mesmo se mellore con outro tipo de cadeiras que outorguen maior autonomía ós usuarios.

    Polo momento, neste primeiro día de servizo foron moitos os candidatos que se prestaron a proba-la silla e, polo sorriso das súas caras, adivinamos que quedaron ben satisfeitos.

    Redacción Barbanza