BARBANZA> As probas forenses non determinan se Diana Quer foi vítima de agresión sexual. O avanzado estado de deterioro do corpo impediu extraer probas concluíntes das analíticas practicadas en varios restos biolóxicos. O resultado das probas biolóxicas realizadas polo Insitituto Nacional de Toxicoloxía non esclarece se Diana Quer foi vítima de agresión sexual. O tempo transcorrido dende a morte da moza ata o achado do cadáver, preto de cincocentos días, e o feito de que estivera somerxido na auga fixo imposible determinar as circunstancias previas ó asesinato de Diana. Sen embargo, a acusación particular manterá o móbil sexual como principal causa da morte para que o presunto autor sexa xulgado por asasinato e non por homicidio. Á espera de que finalicen as dilixencias da investigación, o Chicle permanece na presión da Lama, ata o momento en situación de illamento, polo risco que conleva o traslado ó módulo común con outros presos. Nestes meses, xa recibiu en varias ocasións a visita da súa muller, Rosario Rodríguez, para a que a acusación particular volveu pedir a súa imputación no caso. A audiencia provincial da Coruña podería resolver nos próximos días o recurso presentado polos pais de Diana para que Rodríguez volva a estar investigada en relación coa desaparición e morte da súa filla.
Inicio BARBANZA