![]()
POBRA> O PSOE denuncia supostas incompatibilidades nos nomeamentos dos xuíces de paz aprobados no pasado pleno de xullo.
{flowplayer}barbanza/psoepobraincompatibilidade.flv{/flowplayer}
O nomeamento dos xuíces de paz, aprobado en solitario polo Partido Popular no pleno de xullo, constitúe un novo motivo de denuncia para os socialistas. No caso da xuíz titular, Elena García, denuncian que existe incompatibilidade entre a asunción do seu novo cargo co seu traballo como avogada,. Con respecto ó xuíz substituto, Álvaro Viétez, denuncian a súa afiliación ó Partido Popular, formación pola que mesmo chegou a ser alcalde da Pobra, cando a lexislación establece que os maxistrados non poden pertencer a partidos políticos nin sindicatos.
Proceso dubidoso
Ademais das supostas incompatibilidades, dende o PSOE denuncian a dubidosa legalidade do proceso posto que ningunha das solicitudes chegou a presentarse dentro de prazo.
Ante este feito, o concello comunicou ó Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que existían outras solicitudes posteriores. A resposta do órgano xudicial, emitida o oito de xullo, foi a admisión das novas candidaturas. Sen embargo, denuncian os socailistas, que estas non foron presentadas oficialmente ata o 24 e o 27 de xullo respectivamente, o que pon en dúbida a transparencia do proceso.
‘Falsas acusacións’
Pola contra, dende o concello desmentiron estas incompatibilidades explicando que a xuíz titular non exerce a avogacía mentres que o substituto veu desempeñando este cargo durante os útlimos catro anos coa autorización xudicial preceptiva e total validez.
Así mesmo, o alcalde pediu ós concelleiros da oposición que deixen de xogar coa honorabilidade das persoas que non fai máis que desenvolver o seu traballo de acordo coa lei.
Redacción Barbanza








