VILAGARCIA> O Vaibike está sendo todo un éxito. O servicio de préstamo de bicicletas de Vilagarcía está acadando estes días unha media de 350-400…
{flowplayer}images/salnes/130809_balance_vaibike.flv{/flowplayer}
… usuarios e xa se fixeron preto de mil tarxetas que posibilitan o seu uso. Este gran éxito veu a desbordar as previsións do goberno local que se veu obrigado a reprantexar esta iniciativa para poder abastecer mellor a demanda latente. A boa acollida desta proposta tamén se pon de manifesto co respecto co que a cidadanía acolleu esta infraestructura.
O vindeiro martes a oficina deste servicio estará aberto de doce a unha da mañá para entregar as altas que restan na lista de espera. Con estas serán 1.600 as altas entregadas en menos dun mes. Ante este éxito o Concello xa ten previsto abrir outro punto antes de outubro para poder ampliar o número de tarxetas ata as dúas mil; unhas xestións que xa se están realizando en conxunto co INEGA.
A partir de aquí, as perspectivas para os ciclistas cambiarán significativamente posto que o novo plan de mobilidade contemplarán máis espacios pensados para eles.
Redacción Salnés