![]()
VILANOVA> O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ven de quitar a razón ós voceiros do PSOE dos concellos de Vilagarcía,…
{flowplayer}images/salnes/polemica_fundacion_valleinnova.flv{/flowplayer}
… a Illa e o Grove na demanda interposta contra a Mancomunidade do Salnés pola suba da taxa de abastecemento de auga potable. Mais aló do resultado en si deste fallo datado do once de febreiro, o Presidente da Mancomunidade denunciou o feito recorrente de facer política mediante o uso sistemático das denuncias, co consecuente despilfarro de cartos e medios públicos.
Durán vai máis aló e asegura que os socialistas non tiñan interese algún nas propias taxas senón que perseguían un interese político puntual que era desacreditalo a el como novo Presidente da Mancomunidade.
Na súa dobre vertente de Alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán anunciou tamén que este Concello viña de aprobar en Xunta de Goberno extraordinaria designar a Xaquín Valle-Inclán Alsina, neto de Ramón María del Valle Inclán, como representante do Concello no Padroado da Fundación Valle Inclán.
Redacción Salnés







