Primeiro día de vieira: Topes cumpridos aínda que con bivalvos de pouco tamaño

    CAMBADOS> Primeiro día da campaña para a vieira. A pesar das mostraxes que auguraban un bivalvo escaso e pequeno os topes foron cumpridos polos poucos barcos que saíron hoxe do porto de cambados. Unha vieira maioritariamente de tamaño mediano que se venderá a 4’75 o quilo.

     

    As 11 da mañá xa comezaban a chegar os primeiros barcos neste inicio de campaña da vieira. Tres horas de traballo coas que as 18 embarcacións que partiron de porto de Cambados conseguían completar os 70 quilos de tope por tripulante.

    As mostraxes feitas en días previos indicaban que a campaña sería máis ben frouxa cun bivalvo pequeno e en cantidades pequenas, polo que o que preocupa agora é o que se encontrarán ao ir pasando os días.

    Coa campaña máis madrugadora dos últimos anos, adoitaba comezar en decembro, a flota será máis reducida nestes primeiros días debido ao importante número de embarcacións que se encontran inmersos agora mesmo noutras campañas marisqueiras como a da centola ou a volandeira.

    O prezo, fixado de antemán, é de 4’75 euros o quilo.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/16/apertura_campana_vieira.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/16/apertura_campana_vieira.mp4{/flowplayer}