‘Só tratan de gañar tempo e enganar á opinión pública’

    plataforma_sanidade_publica copia.jpgVILAGARCÍA> Así valorou a Plataforma en defensa da sanidade pública do Salnés a xestión de Sanidade con respecto á ampliación do Hospital.

    {flowplayer}images/salnes/PLATAFORMA_SANIDADE_PUBLICA_SALNES.flv{/flowplayer}

    A plataforma en defensa da sanidade pública do Salnés compareceu esta mañá ante os medios de comunicación trala presentación, o pasado 9 de febreiro, do proxecto de ampliación do Hospital comarcal.

    Sinalaron que é todo unha mentira e que na realidade esas obras non se van a executar, ou cando menos neste ano. Aseguran que nos orzamentos do 2011 da Xunta de Galicia non está prevista ningunha partida para ampliación do hospital.

    Criticaron, ademais, a mala xestión da Conselleira de Sanidade no Salnés. E é que só está prevista unha partida de 300.000 euros destinada ó plan director. E ata que non se aprobe a súa revisión non poderán comezalas obras

    En relación a esta inversión que ascendía ó millón de euros tamén tiveron palabras para a deputada e edil do partido popular en Vilagarcía, Marta Rodríguez.

    Con todo, pídenlle que sexan coherentes, que redacten un novo plan director e que asuman a segunda fase para a ampliación das consultas.

    Redacción Salnés