O turismo ‘online’, a debate en Sanxenxo

    foro_turismo_ptac100.jpg SANXENXO> Máis dun 25 por cento do movemento de turistas que ten Sanxenxo prodúcese a través de internet. Precisamente as redes sociais…

    {flowplayer}images/salnes/TURISMO_SANXENXO_220512.flv{/flowplayer}

    … ou as novas aplicacións tecnolóxicas aplicadas ó turismo serán tema de debate no Foro Turismo de Sanxenxo 2012, que se celebrará do 7 ó 9 de xuño. Sobre o asunto falarán na primeira xornada representantes de Google, Tripadvisor ou Hosteltur.com, entre outros.

    A segunda xornada do foro abrirase cunha conferencia de dúas horas a cargo do instructor Emilio Duró, executivo de empresas como Adolfo Domínguez, que desde hai uns anos se dedica a falar da felicidade.

    Neste Foro de Turismo tamén se falará sobre destinos maduros e as infraestructuras e comunicacións. E ademais inclúe a primeira Gala do Turismo de Sanxenxo, organizada polo CETS. Será o venres 8 de xuño ás nove da noite no Hotel Carlos I de Sanxenxo, e a entrada custará 50 euros. Na Gala entregarase ademais o Premio Turismo de Sanxenxo.

    O foro desenvolverase no auditorio Emilia Pardo Bazán e Sanxenxo. A inscrición, gratuíta, xa se pode facer ata o día 6 de xuño, habendo un límite de 250 prazas.

    Redacción Salnés