De visita en Cambados tras 62 anos na emigración

    recepcion_arxentinos100_130809.jpgCAMBADOS> O alcalde Luis Aragunde, recibiu esta mañá no seu despacho ó emigrante cambadés Roberto Piñeiro.

    {flowplayer}images/salnes/recepcion_arxentinos.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS> Roberto Piñeiro marchara a Arxentina de moi novo na procura dunha vida mellor. Agora, 62 anos despois, tivo a oportunidade de regresar ó seu Cambados natal, esta vez acompañado pola súa muller, Blanca Jiménez.

    Todo comezou cando no Xantar de Confraternidade preparado polo concello cambadés, que se celebrou en Bos Aires no 2008, se organizara un sorteo dunha viaxe para dúas persoas a Galicia, cuxos ganadores foron esta parella. O alcalde de Cambados, Luis Aragunde, que recibiu ó matrimonio esta mañá, manifestou que este tipo de iniciativas son das máis gratificantes da vida política, e que se seguirán realizando para que máis emigrantes poidan visitar o lugar onde naceron.

    Roberto Piñeiro non puido conter a emoción ó falar de Cambados, di que os cambios son moi grandes, e que sinte moita ledicia de ver o seu pobo na boa situación na que o atopou. Cústalle recoñecer os lugar, na súa memoria quedan os recordos dos edificios máis antigos como son o pazo de Fefiñáns, ou as ruínas de Santa Mariña. O que máis bota de menos é o sociable e alegres que son os galegos, algo do que, segundo Roberto, carecen os arxentinos. Agora só lle queda disfrutar da súa estancia en Cambados para voltar e coñecer España en canto lle sexa posible, pois así vería cumprido un dos seus soños.

    Redacción Salnés