![]()
PORTONOVO> O Portonovo perdeu onte ante o Cerceda, por 4 goles a 0. Aínda que era unha derrota agardada ós de Jacobo Molina aguantaron bastante ben o tirón.
{flowplayer}images/salnes/Portonovo311210.flv{/flowplayer}
O Cerceda, conciente da súa superioridade, saíu a polo partido e atopouse cun rival probablemente máis ordeado do que esperaba. A calidade individual dos locais fixo que dominaran dende o principio aínda que tiveron máis problemas dos que soen ter e ante un rival en apariencia sinxelo para eles. Incluso algúns consideraron que tiveron que recibir certa axuda do árbitro.
Conforme foi avanzando o partido o dominio local acentuouse e o Portonovo comezou a deixar máis ocos dos que debía. Os de Molina seguían agardando o seu momento para saír á contra pero conforme pasaban os minutos reducíanse as súas posibilidades. E así chegou o momento crítico do encontro.
Oito minutos que supuxeron o fin do equipo arlequinado. Manu Barreiro fixo o primeiro de penalti. Penalti que lle custou unha expulsión ó Portonovo, Ález Gómez abandonou o terreo de xogo ó vela segunda amarela e ahí rompeuse o partido. Apenas un minuto despois o mesmo Manu Barreiro facía o segundo e a remontada víase cada vez máis lonxe. Outro penalti, este moi protestado, cometido po Velay foi transformado por Xaco e Óscar completou a goleada facendo o cuarto.
O peor do partido quizais non foi a derrota, coa que xa contaban os de Portonovo senón a pérdida de Ález Gómez, Óscar Blanco e Nel que terán que cumprir un partido de sanción.
Redacción Salnés








